Os técnicos explicando o proxecto do TCA á conselleira e as alcaldesas de Cangas e Moaña na rotonda do Gordo.

Se vai ampliar a estrada e actuar en 5 interseccións para incrementar a seguridade, mellorando as beirarrúas en 3 treitos e as paradas de bus, ademais de ordenar aparcadoiros e mellorar pasos de peóns, dotando 3 con equipamento intelixente

A Xunta licita as obras de eliminación do treito de concentración de accidentes na estrada PO-551 en Coiro e Tirán, nos concellos de Cangas e Moaña, que suporán un investimento global da Xunta de 1,1 millones de euros, incluíndo o pagamento das expropiacións e os servizos necesarios para a execución dos traballos. O importe das obras é de 922.000 euros e as empresas interesadas teñen de prazo ata o 10 de xaneiro para presentar as súas ofertas. Tamén en xaneiro, os días 12, 13 e 14, están convocados os propietarios dos 46 predios necesarios para a execución das obras, para o levantamento das actas de ocupación.

O obxectivo é iniciar os traballos na primavera, en torno ao mes de abril, e telos rematados ese mesmo ano, en 2022, xa que teñen un prazo de execución de 6 meses.

La conselleira de Infaestructuras e Mobilidade, Ethel Vázquez, desplazouse hoxe ata a coñeciña como rotonda do Gordo para presentar a nova actuación de reforzo da seguridade viaria nesta estrada autonómica, no treito de 1,9 km entre a saída da travesía de Cangas, na zona da glorieta, e a intersección de acceso ao colexio de Tirán, xa en Moaña. No acto no que explicouse o proxecto estiveron presentes tamén as alcaldesas de ambas vilas, Victoria Portas e Leticia Santos, ademáis de ediles do goberno de Moaña e os portavoces do BNG e do PP de Cangas.

¿En qué consiste a obra?

Trátase dunha actuación integral moi demandada polos veciños da zona puesto que trátase dun vial moi utilizado por ambos os concellos e no que a longo dos últimos anos producíronse desgraciados accidentes e atropelos con resultado de morte. A mellora favorecerá os desprazamentos diarios dos veciños dunha forma máis segura.

A titular de Infraestruturas e Mobilidade explicou que as obras proxectadas neste treito da PO-551 permitirán ampliar a estrada e actuar en 5 interseccións para incrementar a seguridade, mellorando as beirarrúas en 3 treitos e as paradas de autobús para facilitar os desprazamentos a pé e facer máis cómoda á espera do transporte público. Ademais, ordenaranse os aparcadoiros e melloraranse os pasos de peóns, dotando 3 con equipamento intelixente.

Concretou que en Cangas, na parroquia de Coiro, se executará unha nova beirarrúa de 2 metros de ancho na marxe dereita da estrada, para dar continuidade á que xa hai na saída do núcleo e enlazar coa actual da rotonda do Gordo. Ademais, habilitarase outro treito de beirarrúa pola marxe esquerda noutro punto e mellorarase unha intersección, a do cruzamento de Santo Domingo, coa execución de cuñas de entrada e saída, a dotación de beirarrúas e a disposición de paradas de autobús en ambos os dous sentidos.

Precisou que en Moaña a actuación na PO-551, ao seu paso pola parroquia de Tirán, comprende a execución dunha nova glorieta xunto ao Lidl, de 28 metros de diámetro, con 2 carrís de 4 metros e o acondicionamento da súa contorna: instalaranse pasos de peóns intelixentes, dotados con detectores de presenza, trasladaranse as paradas de autobús e renovarase a ampliarase a beirarrúa esquerda.

As rexidoras de Cangas e Moaña e a conselleira hoxe no tramo das obras.

Tamén se actuará noutras 2 interseccións: na do cruzamento de Castroviejo, coa disposición de cuñas para a incorporación e saída da estrada; e modificarase a existente na marxe esquerda, no punto quilométrico 22+810, para garantir maior seguridade nas manobras e favorecer o acceso á parada de bus. No treito situado entre os puntos 22+880-22+920 ampliarase a sección da marxe dereita para ter unha parada, beirarrúa e zona para os contedores de lixo.

Tamén suporá unha mellora da intersección de acceso ao CEIP de Tirán, coa que se atende as achegas presentadas ao proxecto inicial: ampliaranse as dimensións do cambio de sentido, habilitarase un carril de espera e melloraranse as condicións de seguridade dos peóns, dispoñendo beirarrúas para mellora a seguridade do itinerario peonil escolar, de 2 metros de ancho en ambas as dúas marxes.

Unha demanda dos dous concellos

As dúas rexedoras de Cangas e de Moaña valoran moi positivamente o investimento da Xunta neste tramo dada o seu «perigo» e, no caso da localidade moañesa, a Xunta aceptase algunhas das alegacións presentadas ao proxecto. Entre elas, a adaptación deste TCA á recuperación do Camiño Real. Pola contra, a alcaldesa moañesa lamenta que non se tivera en conta, entre outras, a proposta de dar continuidade na marxe esquerda da senda que conecta a rotonda do Lidl coa linde canguesa.

Santos quixo poñer en valor o traballo realizado pola asociación de veciños de Tirán como impulsora destas iniciativas de melloras viarias e de recuperación do patrimonio cuxas rendas colleu posteriormente o Concello.

Pola súa banda, a alcaldesa de Cangas, Victoria Portas, tamén considera moi necesario este TCA pero botou de menos desde o inicio da tramitación unha maior colaboración da administración autonómica co Concello no desenvolvemento do proxecto para adaptalo á realidade e as demandas de todos os veciños.

Do mesmo xeito que Santos, reclamou un senda mixta que una os dous municipios e que conecte as rotondas de Tirán coa do Gordo pero tamén destacou que a beirarrúa prevista pola marxe esquerda non sexa o suficientemente ancha a pesar de que os veciños xa cederon os seus terreos para iso. Por último, Portas trasladou á conselleira e aos técnicos a posibilidade de que os veciños do barrio da Pedreira poidan acceder ás súas vivendas desde o vial mediante un xiro á esquerda, algo que no proxecto non queda demasiado claro e que, de non autorizarse, supoñería un problema para os usuarios.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *