Un dos viais pendentes do asfaltado.

O Concello de Cangas, segundo informa a alcaldesa, Victoria Portas, acaba de adxudicar a obra de pavimentación de cinco rúas das parroquias de Coiro, Darbo e O Hío á empresa Narom S.L. por valor de 70.393 euros, IVE incluído. Unha contía que se financia co Plan Concellos 2021 e que consistirá en botarlle unha capa de rodadura ás rúa das Latas e Esqueiro de Coiro, á de Area e Fonte do Sapo en Darbo e á de San Lorenzo a Laxe en O Hío.

Os traballos comezarán a realizarse aproveitando estes días de bo tempo.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *