Vista aérea do concello de Marín.

Será o 24 de febreiro ás 19.00 horas no Museo Municipal Manuel Torres e é unha convocatoria aberta a toda a cidadanía, con aforo limitado

O Plan de Mobilidade Urbana Sostible será debatido e comentado no próximo Grupo de Acción Urbana que o Concello de Marín convoca para o 24 de febreiro, ás 19.00 horas, no Museo Manuel Torres. Tal e como explican desde a administración local, a convocatoria está aberta a toda a cidadanía que teña interese en coñecer os pormenores do plan que se está a elaborar e que servirá de folla de ruta para as actuacións futuras na vila de Marín en materia de urbanismo, mobilidade e mellora e optimización do espazo público. Para acudir será preciso inscribirse previamente no seguinte enlace:

bit.ly/GauMarin

Esta presentación contará ca intervención da alcaldesa, María Ramallo, que
exporá cales foron os cauces institucionais que houbo que poñer en marcha para a elaboración do PMUS e cales son os obxectivos do Goberno local de cara á construción do Marín que queremos.

Tamén intervirá un dos técnicos da empresa Proyestegal, que é a encargada de redactar este plan de mobilidade, que se enmarca dentro da estratexia MarínDusi, cofinanciada nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional da Unión Europea.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *