Representantes do club coas concelleiras na presentación da concentración.

A previa ás Festas do Carme en Marín non é igual sen os ruidos dos motores. Do 30 de xuño ao 2 de xullo volveremos desfrutar das motos coa XVI Concentración Motera Vila de Marín, que se presentou esta mañá no Concello, xunto con Golfiños Marín.

O venres 30 de xuño abriranse as inscricións a partir das 18.00 horas e pola noite abrirán boca o grupo Gran Garaje e o DJ Rubén Díaz. Haberá acampada cuberta con duchas no Sequelo.

O sábado 2 de xullo será a ruta mototurística polo municipio con pincho na carpa e antes da cea teremos exhibición de stunt a cargo de Narcis Roca. Despois da cea para os inscritos, será a tradicional ruta nocturna con antorchas e entregaranse os trofeos e o sorteo tradicional de regalos. Finalmente, de novo o DJ Rubén Díaz pechará a noite.

O domingo será o turno de dúas pequenas promesas, Iker 27 e Kevin 15, que farán a súa exhibición e despois se clausurará o evento cunha sesión vermú na carpa.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *