Batalla de flores das Festa do Carme de Marín.

Esta terá lugar o 11 de xullo ás 22.30 horas. Xa é posible consultar toda a programación das Festas do Carme na páxina web

Entre os atractivos das Festas do Carme, das que xa se pode consultar a programación completa a través desta seguinte ligazón está a tradicional Batalla de Flores, que se celebrará o 11 de xullo de 2023 ás 22:30h. Partirá dende as instalacións do Porto, á altura de Nodosa, pasando pola Avenida de Ourense, Praza de España, Almuíña, Jaime Janer e Concepción Arenal, rematando á altura do Parque Eguren.

Poderán participar nenos e nenas nacidos antes do 31 de decembro de 2017, tendo preferencia empadroados en Marín. Aqueles que foran nados entre o 1 de xaneiro de 2015 e o 31 de decembro de 2017 deberán ir acompañados dun adulto. Para participar, é preciso inscribirse utilizando un formulario que se colgará na web municipal a partir de mañá, 30 de xuño, e ata o 5 de xullo (ou ata encher todas as prazas). Ese formulario poderá presentarse no Museo Manuel Torres de xeito presencial, en horario de de 11.00 a 14.00 e de 18.00 a 21.00 horas, ou a través do enderezo electrónico museo.torres@concellodemarin.es. Xunto co formulario, será preciso entregar unha copia do DNI do solicitante e do responsable do mesmo.

Os disfraces serán acordes aos motivos da carroza correspondente. Haberá unha reunión previa o luns 10 de xullo ás 21:00h. no Museo Manuel Torres, onde se explicarán os aspectos específicos para que a cabalgata se desenvolva con total seguridade, tanto para as persoas participantes, como tamén para as que gocen do espectáculo.

Todas as persoas que participen na cabalgata comprométense a manter unha conducta correcta en todo momento e durante o percorrido da mesma non se baixará nin se subirá ninguén da carroza salvo por causas de forza maior.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *