A alcaldesa e as concelleiras coa Bandeira Azul.

O verán non arranca en Marín sen o izado das Bandeiras Azuis que demostran a excelencia dos nosos areias. A alcaldesa, María Ramallo, acudiu este mediodía ao areal de Portocelo para izar o distintivo que aporta a Adeac e que serve para demostrar o coidado que se ten pola nosa xoia natural máis prezada: o litoral.

Co arranque da tempada estival tamén se inicia o traballo do servizo de socorrismo para garantir en todo momento a seguridade nos areais. Estarán repartidos neles 21 socorristas, 3 patróns e un coordinador do servizo, que estará activo ata a primeira semana de setembro. Reforzarase especialmente a atención nas praias de Mogor e Aguete por ser as que maior afluencia de persoas soportan.

Ademais, ao longo destes últimos días estívose levando a cabo un traballo integral de mantemento do vial e das praias, co desbroce da maleza tanto no propio vial coma nos accesos e coa limpeza da area. Asemade, están en funcionamento os baños.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *