O 5 e 6 de xuño chega a Moaña a Festa da Diversidade no arboredo da Xunqueira. O concerto de Broken Peach será o sábado as 21:30 horas, de acceso libre e de balde ata completar aforo. O domingo, ás 12:30 horas, a actividade trasladarase a detrás da Praza de Abastos coa inauguración da obra «Chanzos da diversidade», da man do teatro «A Panda de Tirán con María Faltri».
Ademáis, na Casa da Mocidade, dende hoxe e ata o 23 de xuño poderá verse a mostra «Vigo é nome de muller». Estará aberta ao público de luns a venres de 16:00 a 21:00 horas e nela farase un percorrido á memoria trans.
Precisamente, hoxe fui a presentación de ambas as dúas iniciativas da man dos concelleiros de Turismo e de Igualdade, Coral Ríos e Daniel Costas, respectivamente. Un acto no que puido verse o vídeo promocional desta festividade da Diversidade e que tamén foi publicado nas redes sociais do Concello.
Ademáis, estiveron presentes as activistas trans Nacha e Carolina, protagonistas das fotografías do cartel da mostra e de moitas das fotografías que a compoñen.