Os concelleiros Pablo Novas e Raquel Soage presentaron a programación, acompañados de Manuel Solla, tesoreiro da Asociación de Comerciantes Marín Sur (ACEMAS).

As festas de verán chegan a Seixo a próxima fin de semana. Despois do
arranque da programación festiva e de dinamización do Concello para esta
época do ano, chegan agora as actuacións, a música e as actividades
infantís a Seixo.

Os concelleiros Pablo Novas e Raquel Soage presentaron a programación,
acompañados de Manuel Solla, tesoreiro da Asociación de Comerciantes
Marín Sur (ACEMAS).

Así, o venres 23, ás 23.00 horas, haberá animación musical a cargo de Los
Coleguitas, no entorno da Praza de Abastos. O sábado, de 11.00 a 14.00
horas, haberá actividades infantís na Alameda, para que os máis pequenos
da casa tamén poidan gozar destas festas, e a partir das 12.30 horas, a
ambientación musical será a cargo de Os Saljariteiros, na Praza de Seixo.
Xa de noite, na Alameda, a Banda de Música Musimarín ofrecerá un
concerto ás 21.00 horas e máis tarde, ás 23.00 horas, será o grupo Raúl & Cía
o encargado de poñer o peche á programación no entorno da Praza de
Abastos.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *