Roteiro ao Castro da Subidá.

A Corporación municipal aprobou onte por unanimidade seguir traballando na posta en valor dos roteiros e tratar de buscar a homologación dos mesmos cando sexa posible, seguindo as indicacións da Federación Española de Montañismo

A beleza natural do noso municipio pode gozarse a pé. Así o entende o Concello, que realizou nos últimos meses unha importante promoción dos roteiros de sendeirismo que existen na localidade.

Así a todo, a homologación dos actuais roteiros pola Federación Galega de Montañismo é difícil xa que nalgúns casos “superamos a porcentaxe de asfalto que permite esta federación, tal e como nos indicaron en diversas consultas”, explicou onte no Pleno da Corporación a concelleira de Turismo, Cristina Acuña.

Así a todo, a edil asegurou que algunhas das certificacións coas que se conta, como a de sendeiros azuis, “tamén poñen de manifesto o valor medio ambiental e sostible das nosas rutas”.

Aproveitando esta cuestión, Acuña adiantou que se está a traballar nunha nova senda, “coa que poñeremos en valor a contorna do río Neibóo, que ten unas fervenzas espectaculares que son aínda moi descoñecidas, non só para a xente de fóra senón para os propios marinenses”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *