Este mércores 21 ás 20.30 horas o Museo Manuel Torres acollerá a segunda sesión formativa do programa “Táctic@ Local”, que se está desenvolvendo en colaboración coa asociación de empresarios Ape Galicia e que ten como público de destino a persoas emprendedoras e pemes.

Despois de impartir o módulo sobre dixitalización, é o momento de “AS CONTAS CLARAS”, unha guía práctica para mellorar a saúde contable, con contidos como:
● Conceptos básicos de Contabilidade.
● Software de facturación adaptado á nova normativa.
● Factura electrónica.
As prazas serán limitadas e para acceder a unha será preciso inscribirse a través de www.apegalicia.es.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *