Inauguración das xornadas.

A concelleira de Cultura, Beatriz Rodríguez, encargouse de abrir as xornadas, que se estenderán até o venres

Desde hoxe, os amantes da Historia adicarán un par de horas desde hoxe e ata o
venres para falar de arte, de patrimonio e de arqueoloxía e todo en base á figura
de Antonio Blanco Freijeiro. As xornadas que levan o seu nome e que cumpren 20
anos arrancaron esta nova edición hoxe ás 20.00 horas na Biblioteca.

A concelleira de Cultura, Beatriz Rodríguez, encargouse de inaugurar as xornadas,
explicando que se trata “dunha edición moi especial, porque vimos de aprobar o
nomeamento de Blanco Freijeiro como fillo predilecto da nosa vila e grazas aos
relatorios que iremos escoitando estes días aínda coñeceremos un pouco máis de
preto a súa figura”.

Na súa intervención, Rodríguez quixo destacar tamén a importancia de que un
evento centrado na arqueoloxía e no arte “cumpra 20 edicións sen interrupción
na súa celebración, que siga atraendo cada ano a máis xente que segue as
conferencias, nun momento no que poderíamos pensar que as iniciativas
culturais teñen menos seguemento”.

Desde o Concello, engadiu a edil, “seguirase non só apoiando e promocionando
etas xornadas, senón tamén realizaremos accións encamiñadas a achegar a
figura de Freijeiro á cidadanía”. De feito, haberá pronto anuncios sobre os actos
que se celebrarán de maneira pública o seu nomeamento como fillo predilecto.

Un marinense universal

O catedrático de Historia da Arte, Carlos Valle Pérez, foi o encargado de abrir as
conferencias en torno á traxectoria vital e laboral de Freijeiro, ao que definiu como
un “marinense universal”. O historiador centrou a sua exposición no traballo
realizado polo noso arqueólogo entre os anos 1923 e 1991.

Mañá, tamén ás 20.00 horas, será a quenda da profesora titular de Historia da Arte da USC, Fátima Díez, que falará da mirada escrutadora que tiña Freijeiro sobre o
arte grego.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *