O Concello de Marín coa pancarta do 25N.

Desde o luns, poderase visitar no Vestíbulo do Concello a exposición conmemorativa dos 15 anos do Consello da Muller. O 25N ás 12.30 terá lugar tamén no Concello o acto institucional, coa lectura da declaración

O Concello de Marín, a través do CIM, prepara xa a semana na que visibilizar a violencia machista e a lacra social que supón é a prioridade. A partir do luns, poderá visitar no vestíbulo do Concello a exposición sobre os 15 anos do Consello Municipal da Muller, na que se repasa a traxectoria do organismo municipal, que traballa en prol da igualdade e que realizar un labor importante, co obxectivo futuro de abrirse máis á cidadanía.

O acto institucional será o 25N ás 12.30 horas no Salón de Plenos, coa lectura da declaración institucional aprobado en Pleno e a entrega do premio ao colectivo de mulleres maiores. A homenaxe apoiarase na Residencia da Terceira Idade de
Marín.

O mesmo día do acto institucional proxectarase a testemuña real da violencia exercida sobre as mulleres maiores, realizada en formato audiovisual polo Concello. Servirá para dar voz á realidade que sofren moitas mulleres maiores, en relacións de parella abusivas cronificadas no tempo.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *