A volta á normalidade despois de dous anos de pandemia tamén chega ás asociacións de Marín, que comezan recuperar as súas actividades. A concelleira Itziar Álvarez visitou á Asociación de Veciños San José de Cantodarea e á Federación de Veciños Ría de Marín, para precisamente comprobar esa reactivación da súa vida social.
A concelleira estivo conversando coas veciñas que realizan actividades no local
municipal da Rúa Sagrada Familia, como costura, pinturao ao óleo, manualidades, patchwork… De feito, trasladáronlle que xa están cos preparativos para a exposición que cada ano ten lugar no Museo Manuel Torres na primeira quincena de xullo, onde mostran os seus traballos realizados durante o ano.