Silvia Carballo, Aurora Prieto, xx, María Ramallo e Odilo Barreiro tras recoller as Bandeiras.

Os 17 distintivos ás praias da bisbarra do Morrazo xa están en mans dos representantes políticos dos catro municipios que esta mañá trasladáronse ata o areal de Rodas, nas Illas Cíes, para recollelas. 4 levouse Bueu (Area de Bon, Lagos, Lapamán e Portomaior), 7 Cangas (Areabrava, Areamilla, Liméns, Melide, Menduiña, Nerga e Rodeira), 5 Marín (Aguete, Loira, Mogor, Portocelo e Santo do Mar-A Coviña) e 1 Moaña (O Con). Mentres que os Carreiros Azuis son tres, catro os Centros Azuis, e un Porto Azul.

Ademais das bandeiras, a comarca tamén adoita ser receptora doutros distintivos que cada vez gañan máis protagonismo. Cangas é o único Porto Deportivo con Bandeira Azul do Morrazo, mentres que nos Sendeiros Azuis súmase a Bueu. O de Cabo Udra (Bueu) e o Roteiro de Donón (Cangas) alcanzaron tamén a distinción de azul pola Adeac. Neste caso, Moaña non solicitou este ano o galardón para o Camiño de Tirán ao non estar finalizadas as obras.

Por último, a aula de Natureza de Cabo Udra e o Centro de Interpretación de Agrelo tamén se fan co distintivo de Centros Azuis neste 2021. En Marín, o Centro de Interpretación de Petróglifos de Mogor e o Ateneo de Santa Cecilia tamén conseguen este selo.

Barreiro recollendo a Bandeira Azul para a praia do Con.

A pesares da xornada desapracible, tódolos concellos da comarca estiveron representados na entrega por parte do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, a conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, e a vicepresidenta da Adeac, Virginia Yuste. De Moaña asistiu o concelleiro de Medio Ambiente, Odilo Barreiro, por parte de Cangas, a edil de Turismo, Aurora Prieto, ao igual que a súa homóloga de Bueu, Silvia Carballo. Por Marín acudeu a alcaldesa, María Ramallo.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *