Porto de Bueu.

Os axentes da Garda Civil confirmaron ao 112 Galicia que o pescador desaparecido esta madrugada na zona da Punta de Udra, en Bueu, apareceu en bo estado na súa casa na mañá de hoxe. Os servizos de emerxencia atopábanse na súa busca despois de recibir unha chamada de alerta informando dunha embarcación envorcada ao fío das 03:30 horas.

A partir de aí, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia púxose a situación en coñecemento de Salvamento Marítimo e do Servizo de Gardacostas de Galicia, que mobilizaron os seus vehículos de rescate aéreos e marítimos. Así mesmo, os xestores do 112 solicitaron a intervención dos axentes da Garda Civil e da Policía Local, que completaron o operativo por terra.

Con todo, ás 08:30 horas, o pescador foi atopado polos servizos de emerxencia na súa propia residencia. Por fortuna, atópase en bo estado de saúde.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *