Esta fin de semana, as concelleiras do PP de Bueu Elena Estévez, María Blanco e Isolina Villanueva, así como outras compoñentes do partido e veciñas que quixeron poñer o seu gran de area, participaron na VIII Andaina contra a Violencia de Xénero.
O grupo saíu do entorno do Lavadoiro de O Valado-Torrexeiro para chegar á calzada romana en Meiro, facendo unha variante da Ruta dos Muíños de Bueu.
Deste xeito, séguese a dar continuidade a unha iniciativa na loita pola visibilización da violencia de xénero, garantindo, mediante as andainas individuais, a protección contra o COVID-19.