Tramo da humanización da Travesía República Arxentina.

A construción do edificio cultural suporá unha inversión total de 4.308.000 euros, dos que 1.427.653 proceden da estratexia Marín Dusi, cofinanciada co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional da Unión Europea, e os restantes 2.000.000 son aportados pola Xunta de Galicia

O centro urbano de Marín contará en pouco tempo cunha nova rúa, que reordenará toda a zona do Inferniño e mellorará a mobilidade no corazón marinense. A apertura da Travesía República Arxentina mellorará toda a zona do Inferniño, tanto a nivel de comodidade como de estética.

A Xunta de Goberno Local aprobou recentemente a adxudicación das obras, que serán levadas a cabo pola empresa Sistemas y Construcciones Alvedro, por un importa de 241.612,40 euros (máis IVE). A inversión realízase con cargo ao Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.

Esta nova rúa comunicará as rúas República Arxentina e Inferniño, un espazo que, na actualidade, presenta dúas situacións moi diferentes. Por unha banda, o extremo leste, que entronca coa rúa República Arxentina atópase completamente urbanizada e edificada. Este tramo de 44 metros de lonxitude atópase pavimentado e conta con beirarrúas en ambas marxes e todos os servizos urbanísticos (alumeado público, rede de saneamento e pluviais, abastecemento, enerxía eléctrica, telecomunicacións e subministro de gas). A rúa executada remata nun muro que separa o ámbito urbanizado do regato e das fincas sen urbanizar.

O tramo de rúa de nova apertura está composto por tres parcelas en estado de semiabandono, con cascallos e peches metálicos provisionais. As dúas zonas están separadas por un regato, que no seu extremo norte está canalizado baixo o solo urbano e cara sur permanece a ceo aberto.

A empresa terá un prazo de execución de tres meses, a contar desde a comprobación do reprantexo.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *