Os deputados nacionais, Ana Pastor, Javier Bas, Diego Gago e Juan Constenla, e a senadora Pilar Rojo esixen ao Goberno central explicacións claras sobre a situación do paseo marítimo entre Pontevedra e Marín, que leva meses rematado e pendente de inauguración, pero que aínda só ten pagado o 10% do crédito total do proxecto. Así o desvela a resposta do Goberno central a sendas preguntas que os populares rexistraron tanto no Congreso coma no Senado, e que solicitaban coñecer a porcentaxe de execución do proxecto, os gastos comprometidos e que actuacións estaban feitas con data do 31 de agosto.
Segundo o propio Goberno, dos 2,1 millóns de euros do proxecto, hai comprometidos 1,4 millóns de euros, e só o 10%, é dicir, 220.000 euros, están pagados. Uns datos que “sorprenden” aos populares, xa que “a obra está feita e rematada desde hai máis de seis meses, pero o que nos din é que só poden
xustificar investimentos por valor do 10% do proxecto”. Por iso, esixen que se aclare por que só esta parte da obra cumpre cos requisitos para facer os pagos. “Hai algún problema coa adxudicataria? Hai algún problema cos permisos? Cal é o motivo polo que este proxecto está bloqueado?”
Ademais, recordan que as obras comezaron en xullo de 2020 e tiñan un prazo
de novo meses para a súa execución. “O retraso é evidente, que hai un
problema de fondo que están escondendo, tamén. É unha chapuza o que está
pasando con este paseo, non só polo retraso na apertura, tamén porque á
espera da súa inauguración xa presenta signos de deterioro e malezas por
certas zonas”, conclúen.