A directiva de Adicam presentando o calendario para 2022.

A Asociación de Diagnosticad@s de Cancro de Mama e Xinecolóxico (Adicam) presenta o seu novo calendario para 2022 e faio co lema @MareaRosaAdicam. Unha frase que ten un significado especial «porque á xente custoulle saír a pandemia», explican desde Adicam.

Precisamente para animar a volver retomar a rutina anterior, desde a directiva da asociación idearon unha campaña na que calquera persoa puidese participar simplemente enviando unha fotografía lucindo a camiseta ou o suadoiro oficiais de Adicam. E son esas imaxes as que ilustran o calendario do ano que vén baixo o paragüas de #MareaRosaAdicam.

Os calendarios, dos que xa se imprimiron 600 exemplares, poderán adquirirse xa desde mañá nas diferentes sedes de Adicam (Cangas, Moaña, Pontevedra e Vigo) e nos establecementos comerciais que queiran adherirse por un prezo de 4 euros. Nesta ocasión só de editou o calendario en formato pequeno porque é o máis demandado por quen ano tras ano non se perden a oportunidade de facerse con polo menos un exemplar «ata o punto chegar a coleccionalos».

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *