O acto desenvolveuse na carballeira de San Martiño.

A carballeira de San Martiño convirtiuse esta mañá nun escenario rodeado de natureza para celebrar el Día Mundial do Alzhéimer que terá lugar mañá. Un acto organizado por la Asociación de Familiares de Persoas co Alzhéimer do Morrazo ao que asistiron os representantes políticos de todolos concellos da contorna: Bueu, Moaña, Cangas e Vilaboa.

Coma xa é tradición desta romaría, ainda que a pandemia mudou o contido e eliminou o teatro da axenda da xornada, enfermos, familiares e autoridades deronse cita baixo á carballeira para por de manifesto o compromiso das catro administracións locais coas persoas afectadas de alzhéimer e outras demencias e as súas familias destas vilas que están declaradas Localidade Solidaria co
Alzheimer. Un proxecto de sensibilización que xurde no ano 2012 e no quenactualmente hai inscritos 84 municipios da comunidade autónoma de Galicia.

«A maior parte das persoas afectadas de alzhéimer e outras demencias é atendida pola súa familia no seu contorno familiar. Isto supón a necesidade de que as vilas tomen conciencia da doenza e que acollan e sexan lugares de convivencia para as persoas afectadas e as súas familias. A colaboración dos concellos do Morrazo é imprescindible para poñer en marcha actuacións encamiñadas a mellorar a calidade de vida das persoas doentes», reclamou a presidenta de Afamo, Fina Acuña, que foi a encargada a abrir o acto oficial.


Actualmente AFAMO atende a 47 persoas no centro de día de alzhéimer de Moaña e a 56 persoas nos grupos de estimulación que ten nos concellos de Moaña e Cangas. Ao longo do ano, máis de 300 familias reciben atención social ou formación en distintos aspectos relacionados coa demencia por parte do persoal de Afamo.


Apoio dende Cangas onde Afamo está presente e tamén total colaboración dende Moaña, onde vinte anos despois de por en marcha as súas primeiras instalacións abrirá un segundo centro de atencióna estes maiores a final de ano.

Nos programas de prevención e envellecemento activo que se retomarán no mes de outubro nos concellos de Moaña e Vilaboa aténdense a preto de 200 persoas. Este programa é fundamental no diagnóstico precoz e na prevención das demencias que posibilitan unha mellor intervención terapéutica coas persoas afectadas. Precisamente, o rexedor de Vilaboa aproveitou este acto para anunciar o seu obxetivo é a creación dun centro de día no municipio, ademáis de declarar o concello no próximo pleno coma Concello Solidario co Alzhéimer.

Pola súa parte, o alcalde de Bueu reconoció que dende as administracións «temos a obligación» de camiñar na mesma dirección para «coidarnos» e «ser solidarios».

Nos últimos anos, obsérvase un cambio no perfil das persoas afectadas, en gran parte, froito da concienciación sobre a enfermidade. De cara ao futuro, é preciso seguir apostando por sociedades non excluíntes que contribúan á normalización da enfermidade e faciliten ferramentas para paliar os seus efectos como pode ser a creación de novos grupos de estimulación que alcancen a toda a poboación da comarca ou a formación do persoal do concello na atención a persoas afectadas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *