Portas con Pazó e Abalo no xantar esta fin de semana.

Participou a alcaldesa de Cangas, Victoria Portas, quen fixo novamente un chamemento á «unidade» da esquerda fronte ao «boicot» do PP e do PSdeG

Esta fin de semana Alternativa Canguesa de Esquerdas (ACE), xa sen EU, celebrou na parroquia de Coiro, concretamente no Muiño de Fausto, un encontro que «xere ilusión» para «continuar a súa loita para que a esquerda siga gobernando en Cangas a pesares de toda unha política de boicot». Así lo manifestaron en un comunicado enviado a los medios tras o xantar. Un acto no que participou a alcaldesa de Cangas, Victoria Portas, e o concelleiro de Facenda, Mariano Abalo.

Interviron en representación da Alternativa Canguesa de Esquerdas o xoven estudante universitario Braís Pazó, quén puxo de manifesto «o firme convencimnto de que a mocidade pronto liderara un movemento de cambio social porque os mozos e mozas non imos permitir que o gran capital destruia o Planeta e que mellor entorno que o Muiño de Fausto para reivindicar os nosos valores ambientais e patrimoniais así como non podemos permitir que se esmaguen os dereitos da muller e do colectivo LGTBI tócanos a nos defender a igualdade e a liberdade».

Pazó rematou a súa intervención defendendo «dereitos elementáis como a renda básica así como o acceso gratuito a educación e a sanidade da mesma maneira que o dereito a vivenda e a un posto de traballo digno que acabe coa sangria da emigración e da despoboación de Galicia».

Portas, que pechou a quenda de intervencións, destacou que Alternativa Canguesa de Esquerdas volve a representar «a garantía de continuar un goberno de esquerdas máis forte e máis unido  para facer fronte a unha dereita cada día máis tenebrosa e que non dúbida en levarse por diante as melloras que Cangas necesita apoiandose nos once votos que suman PP e PSOE  para impedir que se poidan investir 3,3 millóns de euros estrangulando a aprobación dos orzamentos e da modificación extraordinária de créditos».

«Pero a pesares disto sairemos adiante pois se conseguimos rebaixar a débeda de 15 a 4 millóns de euros, se logramos sair do Plan de Axuste que nos asfixiaba e agora nos permite facer investimentos, se conseguimos unha subvención cercana aos 3  millóns de euros para a renovación do alumeado exterior, se sacamos adiante o Plan de Concellos dos anos 2021 e 2022, isto entre outros logros en materia de emerxencia social, acabaremos demostrando que cunha maior unidade e vontade  conseguiremos rematar coas traizóns e deixar claro que Cangas non se vende e que poremos ao noso Concello no lugar que se merece e tendo como meta defender e garantir os dereitos dos máis desfavorecidos», expresou a rexidora.

Rematou a súa intervención facendo unha defensa programática da «necesidade de recuperar os servizos públicos para promover un servizo eficaz  e que chegue a toda veciñanzam constiuir unha empresa pública, volvendo a insistir de potenciar políticas públicas a prol dos máis desfavorecidos, finalizando cun chamamento a unidade da esquerda para frear unha dereita que só garante interés partidista e non interés como pobo, pero cunha esquerda consecuente e que ame a Cangas imos avanzar nas melloras que entre todas e todos imos acadar».

O acto rematou nun «ambiente de unidade e de compromiso» para entre todas e todos «poñer no bico un cantar» que fronte «a miseria dos que queren paralizar Cangas estemos os que dexesamos poñer a Cangas no lugar que se merece».

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *