Exterior Escuela de Música de Moaña.

Aberto ata o 25 de Xuño o prazo para presentar as solicitudes de praza para cursas estudos musicais na Escola Municipal de Música de Moaña. Poderán entregarse de luns a venres, con cita previa, no Concello.

A Escola oferta dour bloques de ensino: Iniciación musical A e B para nen@s de 3 a 7 anos cumpridos no 2021 e Formación Instrumental para 8 ou máis anos tambén cumpridos no 2021.

Os alumnos nados nos anos 2018, 2017, 2016, 2015 e 2014 poderán solicitar praza para estudar Iniciación Musical e deberán indicar moi claramente, ademais dos datos persoais e de contacto, a data de nacemento.

Os alumnos nados no 2013 ou anos anteriores poderán solicitar praza para Formación instrumental e deberán indicar moi claramente, ademais dos datos persoais e de contacto, a data de nacemento. Os instrumentos dispoñibles e as prazas ofertadas saberanse o día 25 de Xuño.

Máis info no blog da Escola Musica Municipal Moana na pestana «novo ingreso 21-22»

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *