Alfombristas de San Martiño, en Moaña, levan toda a fin de semana preparando os tapetes florais que hoxe locen ás portas da igrexa para celebrar o seu tradicional Día do Corpus. Dunha forma algo especial, do mesmo xeito que o ano pasado, a causa do Covid-19, non quixeron que esta festividade pase desapercibida novamente.

O primeiro dos mantos, de 2×3 metros, elaborárono no interior do templo e está dedicado a San Xosé. Consta dunha cenefa decorativa en flor natural ao longo do corredor ata culminar aos pés do altar cun tapiz.

Cenafa ao longo do corredor da iglesia.

No exterior, ao longo da noite, confeccionaron outro de maior tamaño, 4×6 metros, tamén con flor natural e relacionado coa paz.

As mulleres que colaboran nos traballos xa levan toda a semana preparando a flor nas casas, por motivos da Covid, para que onte e hoxe todo o material estivese listo para darlle forma ao debuxo floral.

A Agrupación de Alfombristas de San Martiño está integrada na Asociación Moaña AntiQua, socios fundadora da Federación de asociacións galegas Alfombristas de Arte Efémera FAGAARTE.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *