A reunión do portavoz do PP de Vilaboa coa conselleira e a presidenta de Portos.

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, ten prevista a realización dunha batimetría para identificar a actividade das correntes mariñas no porto de Santa Cristina de Cobres, en Vilaboa. Así o trasladou a titular do departamento autonómico, Rosa Quintana, nunha reunión solicitada por polo portavoz municipal popular Alberto Acuña.

No encontro, no que estivo presente tamén a presidenta de Portos, Susana Lenguas, ambas representantes do Executivo galego explicaron que esta batimetría é o paso previo necesario para o inicio dos traballos de redacción dun proxecto de remodelación do porto de Santa Cristina de Cobres co obxectivo de mellorar a súa operatividade e reducir, de ser posible, o seu impacto ambiental, especialmente no hidrodinamismo da zona.

Para planificar esta actuación, os técnicos de Portos de Galicia mantiveran unha reunión cos representantes do sector portuario, nomeadamente a confraría de pescadores, para coñecer as súas necesidades con carácter previo á redacción do proxecto. Deste xeito, a proposta integrará na medida do posible a solicitude permitir o paso de auga dunha a outra parte da lámina de auga dividida polo peirao, para beneficio dos bancos marisqueiros.

Acuña quiso trasmitirlle a ambos departamentos que seu proxecto para Vilaboa pilota sobre o sector do mar e sua involucracion é maxima.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *