A carpa estivo chea toda a fin de semana.

Unha facturación superior aos 50.000 euros; máis de 1.000 botellas de viño vendidas e posiblemente unha cantidade similar comercializada en copas; 1.500 racións de polbo, churrasco, empanada e postros e 900 refrescos conforman o balance en cifras da X Festa do Viño de Vilaboa; uns datos que, segundo indica o goberno local, corroboran tanto o éxito desta edición como o arraigo do evento na contorna.

Na Festa do Viño, celebrada a principios de maio a elección do próprio sector buscando unhas temperaturas axeitadas para a degustación dos caldos, participaron 7 colleiteiros locais e 3 adegas; que estiveron reforzadas na carpa por un posto de comida (polbo e churrasco) e unha pastelería-panadería dándolle á Festa un ambiente de romería propicio para degustar os viños de máis dun stand. Un establecemento hostaleiro local encargouse tamén da venta de refrescos e catro artesáns aportaron o toque artesanal, completando a oferta das casetas a de información sobre Igualdade e Turismo do Concello, donde tamén se facilitaban os cataviños serigrafiados para a ocasión; usáronse un total de 978.

Os momenntos de maior afluencia de público a Festa coincidiron coas actuacións musicais de Milladoiro e Aires de Cobres, dous estilos musicais diferentes pero ambos demostraron a súa capacidade de arrastre en Vilaboa.

En canto á parte profesional, o goberno local, encargado da organización do evento, programou dúas catas, unha para adegueiros e outra para colleiteiros, nas que participaron 5 catadores e actuou de secretario José Manuel Fernández, de Medio Rural e nas que se otorgaron 7 premios nas diferentes categorías.

Entrega dos premios na Festa de mans das autoridades locais.

Carmen Gallego, concelleira de Dinamización Económica, explica que nesta edición o habitual pregón do evento foi sustituido por un recoñecemento especial ás dúas persoas que puxeron en marcha este evento. “Quixemos facelo aproveitando a décima Festa, que durante os dous anos de Covid non se organizou”. Luis Poceiro, alcalde de Vilaboa no ano 2011 e Xabier Míguez, concelleiro de área daquel goberno, “apostaron pola promoción dun sector económico clave para Vilaboa”, apunta. Ambos recibiron do alcalde, César Poza, un agasallo como símbolo do recoñecemento social a “unha aposta atrevida naquel momento e que derivou hoxe nun evento convertido en escaparate da calidade dos nosos viños”.

Á hora de valorar a incidencia económica da Festa, Carmen Gallego indica que na loxística participaron varias empresas da provincia que suministraron a carpa, a electricidade, o son, stands, seguridade, ambulancia, rotulación, cartelería, pancartas e insercións publicitarias. O goberno local agradece tamén a implicación da plantilla municipal que se encargou dos suministros de auga, luz, montaxe e desmontaxe das casetas, deseño de cartelería e contratación dos servizos; así como da Policía Local para a sinalización e control de acceso, apoiado polos voluntarios de Protección Civil.

Carmen Gallego agradece tamén o comportamento da cidadanía que respondeu exemplarmente ao chamamento a non empregar o vehículo particular para achegarse ao recinto. “Non tivemos atascos, aglomeracións nin incidente algún que salientar”, indica.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *