A deputada, a Alcaldesa e os concelleir@s de Moaña, esta mañá visitando a Torre.

Supón a posta en valor a categoría da construcción moañesa que, polas súas dimensións poden definila como un ‘castelo’ máis que como unha torre

As obras de restauración e sinalización da Torre de Meira en Moaña están a piques de rematar e veñen de e posta en valor a categoría da construcción moañesa que, polas súas dimensións poden definila como un ‘castelo’ máis que como unha torre. Así o comprobou hoxe a deputada de Patrimonio María Ortega, quen acompañada da alcaldesa Leticia Santos e dos concelleiros Odilo Barreiro e Marta Freire xunto ao arqueólogo xefe e parte da equipa de traballo, visitou a actuación, da que só faltan algunhas labores de consolidación e protección no interior que poderían estar finalizadas de non ser polo mal tempo das últimas semanas.

A Deputación achegou tres cuartas partes do orzamento para realizar a actuación subvencións para a rehabilitación e sinalización do patrimonio histórico cultural’ provincial, segundo lembrou a deputada Ortega, que puxo de manifesto que os traballos feitos son “un claro exemplo da necesidade desta liña de axudas provincial que poñen en valor o patrimonio da provincia e oriéntano cara a fomentar un turismo sustentable”.

Pola súa parte, a alcaldesa Leticia Santos agradeceu a achega provincial e subliñou que para o Concello de Moaña a torre é un recurso turístico moi importante e tamén un motivo de orgullo para a veciñanza de Meira e de todo Moaña. De feito, indicou que as publicacións en redes sociais sobre a rehabilitación están a ser as de maior impacto e acollida.

O concelleiro Odilo Barreiro, responsable local da actuación, subliñou por outra banda que se non fora por mal tempo os traballos xa estarían rematados, xa que nestes momentos estase a finalizar a consolidación e a protección do interior da torre para evitar futuros destrozos pola chuvia, protexendo os elementos que hai por baixo. Barreiro indicou que para o Concello de Moaña a recuperación da torre é unha actuación moi valorada porque sae da colaboración coa comunidade de Montes e porque pon á vista un dos elementos patrimoniais de maior interesese no municipio.

Os arqueólogos traballando na reconstrucción.

Castelo de Meira

Os restos de Meira xa tiveran unha intervención anos atrás (1976) pero con escasa visibilización. “Con esta actuación visibilízase a base e súbense varias ringleiras de pedra que permiten ver a dimensión real da torre”, explicou o nacionalista, que engadiu que na zona haberá un panel explicativo no que se apunta que había un foso e unha muralla que deixaban no interior un patio de armas amplo. “Máis que dunha torre pódese falar do Castelo de Meira”, indicou.

Barreiro subliñou o agradecemento á colaboración da Deputación e manifestou que o Concello non descarta avanzar na posta en valor do conxunto medieval que hai na zona, con máis elementos a recuperar. “Sería interesante traballar no patio de armas, no que hai un posible alxive, ou noutros elementos de construcións auxiliares da torre de vixia. Tamén se podería facer unha actuación na muralla porque parece indicar que conta con alomenos un torreón semicircular. É moi interesante seguir avanzando”, subliñou.

Ata o de agora a excavación puxo ao descubertos outros achádegos: dúas moedas, unha cruz de bronce que formaría parte doutro elemento -un cinto
ou algunha caixa-, cerámica medieval e incluso un dente de xabarín.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *