AV levará ao próximo pleno unha moción instando o tripartito a que achegue o financiamento deste 2023 para iniciar a licitación que garanta a súa construción

O anterior goberno local e os veciños solicitaron o ano pasado axuda á Deputación para dotar á estrada que conecta A Magdalena con Aldán (EP1002) dunha senda ao longo dos seus dous quilómetros de percorrido. A administración autonómica recolleu a testemuña, elaborou un proxecto e reclamou os terreos para poder abordar a actuación. Tras unha laboriosa xestión, finalmente tanto o consistorio como as entidades veciñais fixeron o seu traballo e lograron as 57 cesións e obtendo o visto e prace do pleno. Con esta parte superada nos últimos días da lexislatura, o goberno de Victoria Portas aprobou o convenio. Con todo, nada se sabe do último paso que quedou pendente para poder asinar definitivamente o convenio e poder iniciar a licitación das obras.

O 12 de maio do 2023 a Deputación solicitó ao Concello a posta a disposición de al menos o 30% da cuantía que o Concello debe aportar ( 30% de 266.815,21 euros ) para comezar con la licitación. Con todo, e segundo o ente que preside o popular Luis López, este último compromiso por parte da administración local aínda non se deu e «estamos á espera de que o Concello remita esa aprobación». «Ofrecéuselles a posibilidade de desagregalo, pagando unha parte este 2023 e o resto no 2024», detallan desde a provincial. Con todo, o partido que lidera a exalcaldesa Victoria Portas, Alternativa dos Veciños (AV), afirma ter coñecemento de que o Departamento de Intervención do Concello si realizou xa nese momento un informe indicando a posta ao dispor da contía do presente ano, pero que desde ou goberno entrante nunca se remitiu a Deputación de Pontevedra. É por este motivo polo que a formación presenta unha moción ao próximo pleno instado ao actual goberno local BNG-PSdeG-EU a que remita canto antes este informe á Deputación e póñase ao dispor o diñeiro requirido para evitar un novo atraso e, mesmo, que poida perderse a colaboración económica acordada hai un ano.

Entrevista coa Deputación

AV tamén insta al Goberno Municipal a que solicite reunión coa Deputada de Infraestructuras para que informe dos prazos nos que se levará a cabo dita obra. Neste sentido, e a pesar de non debaterse aínda a moción, a propia Deputación confirma a Morrazo Noticias que a alcaldesa xa solicitou esta entrevista xunto a unha asociación de veciños sen detallar cal. «A semana pasada, a alcaldesa púxose en contacto co Servizo de Infraestruturas para comunicar que tiñan intención de retomar o convenio e que, atendendo ao escrito Provincial, ían aprobar de novo o convenio incluíndo financiamento en 2023», precisan, polo que cabe deducir de que o o goberno local votará a favor desta moción de AV que aínda non se debateu en sesión plenaria pero que xa provocou movementos no tripartito.

AV na súa moción fai fincapé en que «a estrada A Magdalena-Aldán é un dos viais do Concello con maior perigosidade dado a cantidade de peóns que transitan, a alta velocidade dos vehículos á falta de beirarrúas e o espazo escolar polo que transcurre» y recuera que «dende hai anos, as asociacións (Nos, A Magdalena, Herbello e Daravelo), veñen solicitando unha mellora en dito vial e así a Corporación Municipal no Pleno do 30.03.2023 , levantou acordo por unanimidade de asinar o Convenio para a “mellora da mobilidade peonil na EP 1002”, donde o Concello aportaría o 20% do orzamento do proxecto (266.815,21 euros) e a Deputación o 80% restante ( 1.067.206,84 euros).

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *