A inscripción supera os 700 corredores, entre adultos e escolares, e ten como obxectivo unir deporte, turismo e cultura
A fachada litoral da nosa vila volverá ser protagonista da Carreira Carmiña, un evento que suma deporte, turismo e cultura e que xa é unha data asentada no calendario dos afeccionados ao running. A alcaldesa, María Ramallo e o concelleiro de Deportes, Antonio Traba, presentaron xunto ao organizador do evento, Víctor Riobó, e o atleta español Juan
Carlos Higuero, esta carreira, que xa ten as súas inscricións pechadas con máis de 700 corredores apuntados.
A saída será desde a Praia de Lapamán, pasando por todo o resto de areais do municipio até chegar finalmente ao Paseo Alcalde Blanco, que terá unha meta espectacular no seu miradoiro superior. En total, o percorrido terá unha distancia de 10,6 quilómetros aproximadamente e transcurrirá por toda a costa, por riba do mar, con traxectos de terra, asfalto e area de praia, de xeito calculado para facer pasar aos corredores no momento de marea baixa.
A maiores, celebrarse unha Mini-Carmiña, que constará duns 5,6 km aprox e que terá saída do Porto Deportivo de Aguete.
Tal e como indicou Riobó, o obxectivo é atraer ata a nosa vila “a persoas de distintos puntos de España, que veñan correr a Marín e a desfrutar dunha fin de semana en Galicia”.
A alcaldesa quixo animar a todas as persoas amantes do deporte a anotarse a este evento, “que estamos convencidos que será unha cita ineludible para coñecer dun xeito diferente a nosa contorna, a nosa paisaxe”.