O concelleiro de Deportes, Antonio Traba, e o responsable de Pasos Galicia, Miguel Abreu, presentaron as competicións de baile deportivo e de hip hop que acollerá proximamente o Pavillón da Raña.

O baile caribeño e a danza urbana teñen unha cita esta fin de semana no Pavillón da Raña co arranque do Marín Atlantic Open. A xornada do sábado estará adicada ao Campionato Galego de Battles de Hip-Hop, que se desenvolverá ao longo da tarde, desde as 16.30 horas.

Ás 19.00 horas, desputarase o Campionato Galego de Hip Hop e despois cerrará o día a Final do Circuito Galician Dance Tour, competición puntuable no ránking Nacional da FEBD. O domingo pola mañá desputarase o Campionato Galego de Bailes Caribeños, con bloques de danza coreográfica, standard, combinación, single standard, single latinos e CBA latinos.

Traba quixo destacar “a continuidade deste evento que xa leva varios anos celebrándose na nosa vila e que a pon no mapa do circuito de danza en diversos estilos”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *