Colocarase a principios de xullo e será unha diversión asegurada tanto para pequenos como para maiores. As entradas poderán collerse tanto na praia como a través dunha web e permitirán unha estancia nas plataformas dunha hora
A praia de Mogor contará este verán cun novo atractivo turístico que fará as delicias dos pequenos e maiores: un aquapark hinchable de máis de 800 metros cadrados. Tal e como informou o Concello, esta estrutura a base de plataformas unidas entre sí se colocará por dentro do recinto balizado da auga desde primeiros de xullo e ata mediados de setembro.
A estrutura está formada por distintas plataformas hinchables unidas entre sí, algunhas lisas, outras con obstáculos, con camas elásticas… polas que se poderá facer un percorrido libre. O acceso será dunha hora para estar dentro do recinto e estará aberto todos os días da semana, de 11.30 a 20.30 horas.
Para chegar ata o aquapark haberá tanto a opción de ir a nado como nunhas tablas de paddle surf. As entradas poderán collerse na caseta de información que se colocará na praia de Mogor e, máis adiante, a través dunha web. Tanto se poderá coller entrada para o mesmo día como reservar.
O prezo será de 12 euros por persoa ou de 10 euros para grupos de 20 ou máis persoas. A idade mínima para acceder ao aquapark será 12 anos, de aquí para abaixo terán que ir acompañados dun adulto. Tamén será obligatorio acceder con chaleco salvavidas, que se aportará antes da entrada ao recinto.