Inicio Cangas A ponte de “Semana Santa”, un día anormal en Cangas

A ponte de “Semana Santa”, un día anormal en Cangas

REDACCIÓN: SERAFÍN VALLADARES. Esta mañá na  Praza de Abastos de Cangas, a pesar de que mañá e pasado case todo estará pechado, había menos xente da que hai un día normal sen ser véspera de festivo. A maioría das peixeras deixaron de traballar, igual pasa coas carnicerías mentres os vendedores de plantas e cousas de casa xa levan tempo sen poder facelo. Unha situación que provocou que algunha das persoas chegasen o choro ao ver que aínda tiñan a maioría do peixe sen vender. Co lágrimas explicaban que se isto segue así «teremos que pechar», manifestou Fernando, dono dunha das poucas carnicerías que aínda estaban abertas. 

Tamén sinalar que durante a mañá permaneceu un coche patrulla da Policía Local aparcado diante dunha das portas da praza; ao mesmo tempo, sobre as 12:00 horas, dúas patrullas montaron un macro control en Vilariño parando tanto a tódolos  coches que ían cara ao Hío , ou baixaban para  Vilariño.

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí