A droga e o ovo atopado ao xoven.

A Policía Local de Moaña denuncia a un cangués de 33 anos por desobeciencia, menosprezo e posesión de drogas ao atoparlle 3,10 gramos de droga cando se atopaba nun establecemento hostaleiro da zona de Ou Con. Segundo explican os axentes, ás 18:15 horas recibiron a chamada alertando de que un home estaba a molestar a varios menores no peirao e que tiña intención de pegarlle a un deles.

Unha vez trasladáronse ata o lugar atoparon ao home no local próximo, comprobaron que estaba baixo os efectos do alcol e, ademais, atopábase consumindo substancias estupefacientes diante de menores.

O mozo negábase a ser cacheado e nese momento realizou unha manobra para desfacerse dun envoltorio que contiña unha substancia branca compatible coa cocaína. Posteriormente, desobedecendo aos axentes, penetrouse no establecemento e foi no baño onde volveron pillalo con outros dous envoltorios no interior dun ‘ovo’ igual ao que a marca Kinder utiliza para gardar as sorpresas dos seus chocolates.

O cangués, que conta con numerosos antecedentes, alegou que a droga era para consumo propio pero a Policía Local acabou denunciándoo por posesión de drogas, desobediencia e por menosprezo aos axentes.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *