A Mesa Local da Sanidade de Moaña reúnese para arrincar motores para a manifestación convocada para o próximo 5 de xuño que partirá do concello moañés e que finalizará no centro de saúde de Cangas. Será ás 11 horas. A reunión mantida este xoves centrouse en coordinar laa megafonía e a cartelería que se mostrará ese domingo. Tamén se acordou volver insistir na entrevista co conselleiro de Sanidade para tratar os problemas que ten a atención primaria na localidade que pasa pola cobertura das vacantes, a ambulancia de reforzo e a volta das urxencias ao PAC de Moaña.
O domingo volverá celebrarse unha concentración ás portas do centro de saúde cando a situación da sanidade pública volve complicarse no Morrazo ao non cubrir o Sergas a baixa dunha médica de urxencias do PAC de Cangas que tamén atende aos veciños de Moaña.