Concentración dos domingos en Moaña.

Estaba prevista para o pasado domingo 13 de febreiro pero as condicións climatolóxicas obrigaron á súa suspensión. Agora, as plataformas convocantes, a Plataforma SOS Sanidade Pública de Moaña e A Voz da Sanidade de Cangas, datan a manifestación para este domingo ás 11:00 horas. Ambas as marchas partirán dos seus respectivos centros de saúde e discorrerán polo Camiño Real, no caso de Moaña en homenaxe a Paco Ferreira, ata culminar en Vilela, no aparcadoiro do hipermercado Lidl onde as actrices Mónica Caamaño e María Salgueiro serán as encargadas de ler o manifesto.

O obxetivo é forzar á Xunta a poñer solución ás principais carencias que a Atención Primaria e de Emerxencias teñen neste momento.

Unha das máis importantes pasa pola necesidade dunha ambulancia de reforzo do 061 para dar servizo aos municipios de Cangas e Moaña. Fundamental tamén e o regreso das urxencias do PAC de Cangas ao de Moaña, a falta de medios técnicos súmase a de profesionais sanitarios, principalmente de medicina, para cubrir as consultas ordinarias de Atención Primaria o que está a provocar que miles de habitantes carezan do dereito esencial a ter asignada unha médica de familia. Por este motivo, hai moitos pacientes aos que non se lle está a facer, entre outros aspectos, un seguimento axeitado das patoloxías crónicas, o que provoca un deterioro da súa saúde e mingua a súa esperanza de vida.

A cuarta carencia primorcial e a de profesionais sanitarios, que optan por marchar a outras zonas xeográficas pese a se teren formado nesta área sanitaria polas malas concidións de traballo.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *