O Playa de Menduiña Dos.

O barco portugués Nexus que rescatou a dous dos falecidos xa está no porto canadense de Saint John. Con todo, e segundo están a informar os psicólogos ás familias, a pesqueiro Playa de Menduiña Dos, onde se atopan os tres sobreviventes e os sete cadáveres, non tocará terra ata mañá pola mañá, seguindo instruccións do porto de Saint John, ainda que esta tarde xa estará cerca do peirao. Nun principio Salvamento Marítimo informaba de que o faría esta tarde ás 16:30 horas pero sufriu un atraso.

Doutra banda, o Goberno central traballa na súa repatriación. Polo momento non queren dar datas sobre o día no que os sobreviventes chegarán a Galicia ainda que insisten dende a Delegación do Goberno que «estase en total coordinación coas autoridades canadienses e que farase todo o posible para acelerar o traslado».

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *