Esta mañán foi presentada a Festa da Caballa da Asociación de Pescadores Chirleu de Aguete, en Marín. Esta festa celebrarase o próximo venres día 19 de agosto a partir das 20.30 h no Peirao de Aguete. Haberá degustación de caballas asadas, pan, viño e refrescos.
Desde esta hora a velada contará con animación musical e un grupo de gaitas coas que colabora o Concello de Marín.
Esta mañán acercaronse ata o concello membros desta asociación co seu presidente para presentar esta xornada, que pretende dinamizar este entorno e potenciar está festa da que se estaría a celebrar a súa vinteava edición.
Os concelleiros Marían Sanmartin e Pablo Novas asistiron á súa Presentación tratando de poñer en coñecemento a súa celebración.