Tras pospoñerse en dúas ocasións, o 20 de xuño e o 4 de xullo, pola choiva o Concello de Moaña e a organización puxeron unha nova data para realizar a Feira Saudable. Será este domingo 26 de setembro na Arboleda da Xunqueira e, no caso de que novamente haxa ameaza de choiva, trasladarase ao Pavillón de Reibón.
En canto á programación, manterase a prevista inicialmente. As 11:00 da mañá terán lugar talleres infantís de cerámica e cheiraría tradicional con ” Alen dás Ondas”, Ioga, meditación e Pranayama e sorteos. Pero non só isto, tamén un flash Mob Bollywood moi visual e divertido para tod@ s os que queiran participar. O peche poñerao a música cun concerto meditativo.