José Manuel González, Marta Freire, Pilar Curro, María Ortega e Coral Ríos, na presentación da Feira.

Moaña reinventase e o próximo 20 de xuño celebrará a súa primeira Feira da Vida Saudable, unha iniciativa que nace para promover a saúde e o benestar individual e colectivo, ademáis de ofrecer á cidadanía unha alternativa de lecer máis durante a fin de semana.

Así, ese domingo 20 de xuño desde as 11:00 da mañá na arboleda da Xunqueira terán lugar talleres infantís de cerámica e cheiraría tradicional con » Alen dás Ondas», Ioga, meditación e Pranayama e sorteos. Pero non só isto, tamén un flash Mob Bollywood moi visual e divertido para tod@ s os que queiran participar. O peche poñerao a música cun concerto meditativo.

«Xa hai demasiado tempo que estamos a pasar unha situación complicada a diferentes níveis, pero sobre todo a nivel saúde. Isto aféctanos moitísimo, tanto física como mentalmente. Tivemos moitos cambios aos que adaptárrnonos así, de súpeto. E moitos deses cambios amosáronnos que é mellor vivir cara adentro de nós e tomar conta da nosa saúde», explican desde a organización.

Nesta xornada, polo tanto, «queremos achegar a toda a veciñanza actividades de benestar e lúdicas, que nos amosarán ferramentas para que todas todos poidamos usar no noso dia a día e mellorar o noso benestar».

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *