Dende marzo de 2024, Marín experimenta un notable progreso na implantación da fibra óptica, mellorando a conectividade de 5.860 vivendas en núcleos tanto do centro urbano como de distintos puntos do rural: Mogor, Aguete, Seixo, Loira…
A empresa REDE ABERTA consta como o operador neutro galego da fibra óptica, contando xa con máis de 300.000 hogares conectados. É a empresa lider da fibra óptica en Galicia como impulso para o desenvolvemento sostible do rural galego. Este avance supón un impulso na infraestrutura dixital da zona, favorecendo a comunicación, o teletraballo e a educación a distancia, contribuíndo ao desenvolvemento social e económico do municipio.
De maneira concreta, os núcleos aos que chegou a fibra durante estes últimos anos foron:
- Mogor
- Chan do Monte
- O Monte
- Bagüín
- Aguete
- O Castro
- Seixo
- O Campo
- A Brea
- Currás
- A Porteliña
- Sete Espadas
- A Moreira
- Cruceiro do Vento
- Moledo
- A Niñada
- Cidrás
- Montecelo
- A Torre
- Oubiña
- Xuncal
- Ameal
- Sobreiras
- O Pazo
- Rúa Nova
- Pardavila
- Fixón
- O Pozo
- Cadrelo
- Miñán
- Troncosa
- Silvestre
- Pereiro
- Cadrelo
- Esperela
- Pastoriza
- Allariz
- Igrexario
- Cernello
- Loira
- Soaxe
- Moledo
- Teoira
- Casás
- Malvido
- Cabodevila
- Picotes
- Vilaseca
- Xermade
- O Con
- Pereiro
- Coirados
- Fenteiras
- Carballal
- Iglesario
- Agrela
- Outeiro
- A Bouza
- Pena e O Caeiro
- Vistalegre
- Macenlle
- Roza
- Bravos
- Raposeiras
- A Laxe
- Arealonga
- O Carregal
- Estivada
- Casal
- A fibra óptica tamén garante unha maior competitividade para o sector industrial e o comercio local, permitindo que Marín se sitúe á vangarda da conectividade dixital na comarca. Dende o Concello de Marín, estamos comprometidos co fomento de iniciativas que impulsen o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación, co obxectivo de crear un futuro máis próspero para a nosa vila.