A alcaldesa coa asociación de veciños de Cantodarea.

A rexedora, acompañada polos concelleiros Manuel Santos e Francisco Estévez, escoitou as demandas do colectivo sobre a necesidade de reforzar as liñas de transrporte urbano, que trasladará a Monbus

A alcaldesa, María Ramallo, e os concelleiros Manuel Santos e Francisco Estévez reuníronse onte pola tarde coa Asociación de Veciños San Xosé de Cantodarea para abordar distintas demandas do colectivo veciñal, relacionadas sobre todo co transporte urbano.

Unha das cuestións que se tratou na reunión é a gran demanda de persoas usuarias que ten a liña de autobús que une Marín-Pontevedra, especialmente nas horas punta de entrada e saída dos traballos (a primeira hora e cara ao mediodía), dado que detectan moito movemento veciñal entre ambas localidades por motivos laborais.

Polo tanto, piden que se reforce o servizo nestes momentos máis críticos e que tamén se mellore a claridade nos horarios, así como a súa accesibilidade tanto no ámbito dixital como nas paradas e marquesinas. Tamén solicitan que se apliquen melloras na accesibilidade dos propios autobuses. “Desde o Concello, trasladaremos estas demandas a Monbus, que é a empresa encargada deste servizo. Somos conscientes de que xa se trasladaran no seu día unha seria de peticións que se van abordando e mellorando, pero volveremos insistir para ver se se pode mellorar dentro do posible a prestación”, explicou a rexedora. “Ademais”, engadiu, “é bo síntoma que existan estas demandas porque iso implica que cada vez o transporte público é máis utilizado, que é un obxectivo ao que aspiramos”.

Por outra banda, desde a asociación solicitan colaboración municipal para realizar actividades de dinamización social e de envellecemento activo, como cursos de memoria.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *