Alcaldesa e cncelleiros revisando os planos do edificio.

A concelleira de Comercio, Cristina Acuña, destacou o importante labor que fai o asociacionismo comercial na parroquia

Desde a pasada semana, a asociación de comerciantes Acemas conta para a súa actividade cun local dos que estaban dispoñibles na Praza de Abastos de Seixo, de tal forma que poidan ter unha sede en pleno centro da parroquia.

A concelleira de Comercio, Cristina Acuña, visitou o local xunto con Manuel Solla e Cristina Souto, da directiva, que repasaron algúns dos eventos realizados pola entidade.

Desde a súa creación no ano 2011, a Acemas continúa apostando pola dinamización do comercio local a través de campañas, sorteos e eventos ao longo de todo o ano. Actualmente, a asociación conta con 32 comercios asociados que traballan en conxunto para impulsar o tecido comercial do municipio.

Ao longo do calendario, ACEMAS organiza numerosas actividades para todos os públicos. Entre as máis destacadas atópanse:
Campañas con motivo de datas especiais, como:
○ Día dos Namorados, cun sorteo dun cheque regalo de 100 euros.
○ Día do Pai e Día da Nai, con actuacións e sorteos de cheques regalo por valor de 150 euros.
Eventos populares e culturais, como:
○ Carreira do Truco
○ Romería de San Blas, con tradicional reparto de callos
○ Participación nas festas patronais na honra da Virxe do Carme
Campañas comerciais no outono, durante os meses de setembro, outubro e novembro, con sorteos por un total de 450 euros en cheques regalo para incentivar as compras nos establecementos locais.
Programa especial de Nadal, que inclúe:
○ Sorteo de cestas de Nadal
○ Actividades infantís
○ Visita de Papá Noel
○ Xornada de cine gratuíta para toda a familia.
Con esta ampla axenda de actividades, ACEMAS non só reforza o vínculo entre os comercios e a cidadanía, senón que tamén contribúe activamente a manter viva a economía local, consolidándose como un referente do comercio de proximidade.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *