A representación estará na Casa da Cultura o vindeiro venres 20 de maio ás oito da tarde

As actividades das Letras Galegas organizadas dende os servizos de Lingua e Memoria da Deputación de Pontevedra chegarán a 35 concellos de todas as comarcas da provincia para dar a coñecer a vida e obra de Florencio Delgado Gurriarán grazas ao espectáculo ‘De Valdeorras a México. Terra A Nosa’. No Morrazo a única representación será en Cangas o 20 de maio ás oito da tarde na Casa da Cultura.

Trátase dun espectáculo familiar para divulgar a biografía do poeta valdeorrés Florencio Delgado Gurriarán (1903-1987), homenaxeado pola Real Academia Galega (RAG) co Día das Letras Galegas 2022. A deputada de Lingua e Memoria María Ortega considera que o autor é unha das voces máis senlleiras da literatura do exilio polo que nas actividades de realce da súa figura organizadas dende o
organismo provincial era precisa unha programación que tivera como protagonismo á cativada. “Por iso ideamos da man da afamada empresa de contacontos ‘Polo correo do vento’, unha actividade que, de xeito ameno e participativo, lles achegue a figura do homenaxeado como exemplo de amor á Terra e mantemento da loita polos ideas, mesmo nas peores das circunstancias”, subliñou a nacionalista.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *