A Confraría de Pescadores San José de Cangas acaba de recibir dúas axudas (orde do 19 de xaneiro de 2021 do procedemento PE209N) para a financiación total de dous proxectos que permitirán a modernización da lonxa. O primeiro, «Depósitos de almacenaxe para a lonxa de Cangas (BINS)» está dotado de 3.825 euros, e o segundo, «Reixas Aceiro Inox. para a lonxa Cangas, 2021» supón 6.792 euros de crédito. En total, 10.617 euros.
Estes dous proxectos foron financiados con fondos europeos FEMP nun 75 por cento e o 25 por cento restante pola Xunta de Galicia a través da Consellería do Mar. Ambolos dous buscan a modernización dos portos pequeiros e as lonxas.
Aínda que a Confraría tiña de prazo ata o 1 de decembro deste ano para a súa execución, as actuacións xa están realizadas e en funcionamento.