Lonxa de Cangas.

A Consellería do Mar concedeu unha axuda ao proxecto colectivo «Fábrica de Xeo para a Lonxa de Cangas 2024», presentado pola Confraría de Pescadores ‘San Xosé’ de Cangas, ao abeiro da Orde do 16 de outubro de 2023. Esta orde establece as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para proxectos colectivos de modernización das infraestruturas dos portos pesqueiros, das lonxas ou establecementos autorizados para a primeira venda de produtos pesqueiros e dos lugares de desembarque.

O obxectivo é mellorar a eficiencia enerxética, a protección do ambiente, a seguridade e as condicións de traballo, a calidade, e incrementar o control e a rastrexabilidade dos produtos desembarcados procedentes da pesca, así como garantir a seguridade das infraestruturas fronte a eventos
meteorolóxicos provocados polo cambio climático, cofinanciada polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA).

Este proxecto, identificado co número de expediente PE209G 2023/FEMPA/23, busca contribuír a esta meta, centrándose na mellora da eficiencia enerxética. A axuda concedida ascende a 73.729,27 €, financiada polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) nun 70%, e nun 30% pola Xunta de Galicia.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *