O Concello de Moaña e a comisión de festas de San Martiño mantiveron onte un encontro no que acordaron volver a reunirse a próxima semana para determinar se haberá celebración e, de habela, cómo sería. Segundo informou a alcaldesa, Leticia Santos, despois da conversa cos veciños, a mellor decisión é esperar a que a Xunta decrete e publique as próximas medidas de loita contra o Covid-19 para estudar se é posible facer a festa e en qué condicións.
O comité clínico que asesora á Consellería de Sanidade reúnese hoxe de novo para facer balance dos datos da evolución da pandemia e reducir ou mesmo eliminar algunhas das restriccións que afectan o ocio e á celebración de festas coma a de San Martiño.