A asociación de veciños Monte Faro de Domaio informa de que este sábado 7 de maio celebrará a súa asemblea ordinaria tras tres anos sen poder realizala pola pandemia. Será ás 18:00 horas no Club de Xubilados de Domaio.
Na asemblea a directiva dará conta das actuacións realizadas durante este tempo e tamén lanzará a convocatoria de eleccións para elixir aos novos membros da xunta directiva. O prazo para presentar candidatura termina mañá ás 20:00 horas.