A licitación para a demolición do antigo Mercado de Cantodarea comezará nos
próximos días, de cara a poder iniciar os traballos no próximo mes de febreiro. Así
llo trasladaron a alcaldesa, María Ramallo, e a concelleira de Medio Ambiente,
Marián Sanmartín, aos representas da Asociación de Veciños de Cantodarea.
Esta é unha das obras que se financiará co remanente de Tesourería, cunha
inversión de 140.000 euros. Desta e doutras cuestións relacionadas coa parroquia
de Cantodarea. No que respecta ao colectivo veciñal, fíxose un repaso polas obras
que o Concello levou a cabo na instalación que utiliza a asociación.
A asociación xa iniciou as actividades que ofertan: patchwork, patchwork, labores,
pintura ao óleo, manualidades e ximnasia de mantemento. Ademais, solicitaron
un curso de redes ao Galp (Grupo de Acción Local Pesqueira), que esperan poder
ter de cara ao próximo ano.