Artesans que participan na mostra.

A Alameda de Marín acollerá este domingo, 3 de abril, unha Mostra de Oficios Artesáns para conmemorar a Semana Internacional da Artesanía, organizada pola Asociación Marinense de Artesáns e a Asociación Gallaecia, en colaboración co Concello de Marín.

Segundo explican desde a asociación, o obxectivo é visibilizar la artesanía de Marín, expoñendo os produtos que realizan as persoas adheridas a estes colectivos e mostrando as técncias coas que traballan, que poden chegar a ser moi variadas.

Durante a mañá, por tanto, haberá mostra de oficios e pola tarde haberá obradoiros pensados para os máis pequenos, nos que se lles ensinarán técnicas sinxelas para que poidan aprender entre as 16.00 e as 18.00 horas. Xa ás 18.30, haberá unha actuación da Batucada Axé Bahía por toda a contorna da Alameda.

Máis artesanía no Museo Torres

Por outra banda, tamén co gallo da celebración dos Días Europeos da Artesanía, o Museo Torres acollerá outra mostra colectiva de artesanía dos obradoiros rexistrados na vila, achegando ao público os segredos do traballo de luthieres, xoieiros, ceramistas, ferreiros, texedores e todo tipo de artesáns.

Nesta mostra participan o taller de marroquinería F. Vicens, o artesán César Loureiro (luthier de zanfonas), a artesana téxtil Sonia Ma Gil Gandos, o taller de coiro de Miguel Sanjorge, o taller de More Artesanía En pel, o Obradoiro Rubiños de Óscar García, a xoiaría obrador Vijuma de María Iglesias Giráldez, Raúl Pesqueira Fariña Xoieiro Artesán e Obradoiro de cerámica Alén das Olas de Laura Villanueva Piñeiro.

A exposición xa se pode visitar e estará montada ata o domingo, 3.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *