O Museo Torres de Marín.

Charla informativa o mércores no Museo Torres co obxectivo de explicar á veciñanza o aforro enerxético acadado na Avenida de Ourense co cambio das luminarias grazas á obra executada con cargo ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional da Unión Europea, dentro da estratexia Marín Dusi, e para dar consellos sobre como aforrar no ámbito doméstico, convócase unha charla para o mércores 30 de marzo, ás 19.00 horas, no Museo Torres.

A responsable da Oficina ARI de Marín, Ibana Conte, será a encargada de ofrecer información útil e actualizada para aprender a aforrar enerxía no noso día a día na casa. Nun momento no que a enerxía está en plena suba de prezos e supón unha preocupación importantísima para as familias, “consideramos que é unha moi boa oportunidade para aprender que cousas sinxelas podemos facer para reducir o noso consumo e así acadar un doble obxectivo: aforrar económicamente e coidar o medio ambiente”, explican fontes municipais.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *