A X edición da Andaina Montes e Praias de Marín, en favor da AECC, bate o seu propio récord e cubre todas as prazas a algo menos de un mes vista da súa celebración. En total, 700 persoas participarán do evento, 250 das cales farán a Andaina deportiva de 25 km, e 450 a popular de 15 km. Ademais, mobilizaránse 50 persoas voluntarias.

Desde o Concello e a organización da proba explican que debido a que o evento se realiza nun espazo natural, non é posible ampliar o aforo, pero agradecen enormemente o apoio da cidadanía a unha iniciativa que xunta todo: solidariedade, vida activa, turismo, medio ambiente…

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *